26 de noviembre de 2015

En clase de Plástica

Algúns alunmos e alumnos do noso colexio mostran os seus traballos realizados na clase de artística.
                                                                       Aula de 5º A


                                                                      Aula de 3º A


                                                                       Aula de 4º B


                                                                     Nikolás de 5º B

17 de noviembre de 2015

Solidariedade coas víctimas do terrorismo



Onte, os alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro saímos ao patio a gardar un minuto de silencio como mostra de solidariedade coas víctimas do traxico suceso de terrorismo sucedido en Francia.

3 de noviembre de 2015

GAÑADORES DO CONCURSO DE HISTORIAS E IMAXES DE MEDO

Este ano o propio alumnado elexiu aos gañadores deste concurso. Estes foron os premiados!

De Educación Ïnfantil, Roi.
De 1º e 2º cursos de Educación Primaria, Sara.
De 3º e 4º cursos de Educación Primaria, Paula
De 5º e 6º cursos de Educación Primaria, Emma.

Emma, Roi, Sara e Paula.
NORABOA A TODOS E 
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!

FESTA DO MERCADILLO ASOCIACIÓN "A MATANZA"

Como xa espuxemos nunha entrada anterior, a asociación "A Matanza" que creou o grupo de 2ºB montara un mercadillo para conseguir cartos coa fin de facer unha festa de Samaín. Ao final parte dos cartos conseguidos mandaronse a ONG Cruz Vermella, pero co resto mercamos algo de decoración e de lambonadas.
Así foi!








Como di o mestre Ramón:

CAE LA NOCHE EN EL CAMPAMENTO,
SOMBRAS ASESINAS ACECHAN DESDE DENTRO,
TUMBA POR AQUÍ! 
TUMBA POR ALLÁ!
TUMBA TUMBA
UAAAHHHHHH!



María Castaña

Polo Magosto os alumnos de primaria realizaron unha castañeira para celebrar este día sinalado. Esforzaronse moito como podedes apreciar nos seus traballos na escola.



Arácnidos

Este ano tivemos no colexio unha invasión de arañas. Pero polo que parece non deben ser perigosas.



28 de octubre de 2015

AGASALLOS PARA OS PARTICIPANTES


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega consideramos que é importante valorar a participación de todo o alumnado que se presenta ao diferentes concursos que realizamos no centro. É unha forma de animalos para que se involucren na vida da escola. 
Por este motivo hoxe se repartiron uns agasallos a todos aqueles que se molestaron en facer unha pequena historia de medo ou unha imaxe terrorífica.

Moitas grazas a todos!


Paula, Lucas e Daniela (4ºEI)
Dani, Iria, Julio, Adrián, Abril e Noa (5ºEI)
Roi, Inés, Alba, Leo e Samuel (6ºEI)
Iria, Xoel, Iker, Manuel, Pablo, Fabiola e Luis (1ºB)

Anxo (2ºA)
Cayetana, Naiala, ADriana, Héctor, Sheila, Adrián, Anxo, Diego, Aarón e Sara (2ºB)

Ainhoa, Anxo e Bruno (3ºA)

Pablo, Brais e Paula (3ºB)
Christian (4ºA)
                                                   
Paula, María, Aitana, Iria e Samuel (4ºB)
Sheila e Mireia (5ºA)

Isaac (5ºB)

Emma e Sara (6ºA)
Valentín, Mateo, Jorge, Diego e Nicolás (6ºB)

Lorena, Lidia, Desiré e Ainhoa (6ºB)

Bruno, Lucas, Asier e Ian (6ºB)

Andrea, Maruxa, Hugo e Marco (6ºB)


26 de octubre de 2015

Concurso de imaxes e historias de medo.

O equipo de Dinamización da Lingua Galega convovou como todos os anos un concurso de imaxes e historias de medo.
Estes foron moitos  dos participantes:





  




Hoxe rematou o tempo de votacións, en breve anunciaremos os premiados...

MAMASIÑA... QUE MEDO!
MAMASIÑA... BOA SORTE!

24 de octubre de 2015

MERCADILLO DA ASOCIACIÓN "A MATANZA"

O alumnado de 2ºB estaba un día en clase de ciencias sociais e non era quen de entender como se organizaba unha asociación veciñal. Así que decidimos crear nós unha, neste caso non de veciños pero de compañeiros e compañeiras.

O primeiro foi decidir algo co que identificarnos, como a nosa aula é "A Matanza" decidimos que ese sería un bo nome. Despois necesitabamos un voceiro que puxese en común as decisións. Parte do alumnado presentouse voluntario e por votación democrática saliu o nome de Iria.
Xa cunha organización montada decidimos que iamos facer un mercadillo ou unha tómbola, como o que saía no exercicio do libro, e que ía estar relacionado ao mesmo que no libro, coas festas; é dicir, esa asociación tiña como obxectivo crear unha comisión de festas.
Que festa iamos celebrar? Pois xa que estaba preto, o Samaín.
Que necesitabamos para conseguir cartos para poder montar a nosa festa? Aquí é onde houbo máis problemas de comprensión. O alumnado pretendía mercar obxectos pra vender, pero de onde sacabamos os cartos para mercar estes obxectos? Se xa tiñamos cartos, por que montabamos unha comisión para conseguir máis? A resposta moitas veces foi: a mestra, a mestra merca as cousas e nós as vendemos. (Pillería ou inocencia?)




Decidimos, como aprendimos o curso pasado na celebración do Día do Consumidor que os obxectos que temos en casa poden ter moitas vidas, e reuníndoos poderiamos ter xa algo que poñer á venda. 
As cousas ían chegando e houbo que poñer prezos.
Aquí votamos man dos nosos coñecementos en mates, aínda que o valor sentimental e o real non sempre coinciden...



Xa tiñamos o noso tenderete posto, pero como ía saber a xente que estabamos activos? 
Había que facer publicidade, carteis e folletos. 
O máis complicado foi establecer un horario de compra-venda.






Tamén decidimos que só o persoal adulto que estivera no centro sería o que mercaría algo xa que non queremos que o alumnado traia cartos ao cole.

Con todo montado, chegaron os primeiros interesados.
A portavoz da asociación elexía un tendeiro ou tendeira que previamente preparara os pasos de como antender ao persoal: saúdos, explicación do produto se fose necesario, facer as contas, controlar o cambio, etc.

Ao final conseguimos 21,07 euros!!!

Nos parecía unha cantidade moi alta para gastar integramente nunha festa, que pasa e remata, así que tal e como están as cousas decidimos donar parte a unha ONG.
Tamén houbo moito debate en canto aos cartos que iamos entregar... Dende un euro ata "ti merca o que necesitemos para a festa e o que sobre o damos para a ONG!"
Ao final decidimos que iamos dar 16euros, un por alumno e a mestra daría outro euro máis.
Entre as familias suxeriron varias propostas de ONG e saiu como gañadora unha de Padrón, pero xa non existe, así que mandamos os cartos á segunda na clasificación.


Foi unha grande experiencia que demostra que traballando en comunidade todo é máis interesante, e que traballar con libros de textos e facer proxectos non son incompatibles.

Moitas grazas a todos e todas por participar do noso traballo!